A Concellaría da Muller do Concello de Soutomaior, a través do Centro de Información á Muller (CIM), vén de convocar o II Concurso de Relatos Eróticos. Un concurso que ten por obxectivo promover a educación e a saúde afectivo sexual e favorecer a eliminación de tabús e estereotipos sexistas no eido do erotismo e a sexualidade. Os interesados en participar no certame deberán enviar ao CIM. persoalmente ou a través de correo certificado, un máximo de dous textos orixinais, inéditos e escritos en galego cunha extensión máxima de 600 palabras sen contar o título. É indispensable ser maior de idade, ser galego de nacemento, residir ou traballar en Galicia. O prazo para participar está aberto ata o 15 de outubro e o xurado valorará os relatos que recollan actitudes e valores igualitarios entre homes e mulleres e a ruptura de estereotipos sexistas. O gañador gozará dunha estancia para dúas persoas no Castelo de Soutomaior en réxime de media pensión.
Nova atopada vía Radiofusion.eu (máis…)

Mesturar a realidade e a arte provoca, ás veces, certas doses de erotismo. Iso é o que fixo a xente de Worth1000 ao mesturar as personaxes de cadros famosos con escenas de filmes. Via alt1040

Non sabemos se máis alto, pero máis claro non se pode dicir. Via monkeyzen.com

David Steinberg soubo captar coa súa cámara o que non son capaz de enfocar nin ensinar as películas porno; o sentemento e o pracer que se ocultan tras unha escena de sexo. En ‘This thing we call sex’ (Esto ao que podemos chamar sexo) presenta o seu traballo realizado con parellas anónimas. Via nsfw

O artista español Jaime del Val fai arte coa súa pirola. Propuxose camiñar por Madrid cunha cámara colgada do seu pene para logo proxectar as imaxes en edificios e igrexas. Via nerve

Estas mozas non levan posta a bandeira ianqui, levana pintada nos seus corpos. O body-arte ten cada vez máis seguidores. Via lacarne.net

A revista satírica El Jueves tamén ten a súa parte porno-erótica na Zona Verde de El Jueves. Podes atopar interesantes ilustracións como Vecin@s e LaTesiX, ou as clásicas desta revista Clara de Noche ou El Profesor Cojonciano. Via nsfw

Unha pequena mostra do que se pode facer cun peito feminino. Via Innerpendejo

Queredes disfrutar de espidos en 3D só tedes que seguir as instruccións deste site. Via nsfw

O escultor Mario Philippona ideou unha serie de mobles moi sexis inspirados nas curvas femininas. Dende sofas creados para aumentar o placer sexual ata caixóns eróticos. Via feeds