Abuso sexual de dous cans

MQ | Delictos, Novas curiosas | Venres, 23 Abril 2010

Rachel Petterson, unha norteamericana do Estado de Oregón, foi detida esta semana baixo a acusación de abuso sexual de dous cans.

O millor do caso é que Rachel non foi denunciada nin estba a ser investigada. A policía estaba facendo unha busca na casa do matrimonio, porque o home de Rachel, Sam, fora detido en marzo por posuir pornografía infantil. Durante a investigación no ordenador do matrimonio, as autoridades atoparon imaxes da muller facendo sexo con dous animais.

Cando lle preguntaron, a muller de 32 anos admitiu ter sexo con cans, sen embargo, descoñecía que fora filmada polo seu home. Tamén foron descubertos imaxes no teléfono do mesmo.

Rachel será xulgada en maio e pode ser condenada a unha pena de dous anos de prisión.

Castigados por facelo nun memorial da II GM

MQ | Delictos, Sexo | Xoves, 31 Xullo 2008

Unha parella foi acusada de aldraxar a memoria dos soldados que loitaron para liberar Francia na II Guerra Mundial logo de ser sorprendida fornicando e facendo un video caseiro no memorial aos soldados canadianos que morreron loitando neste país. Via dailymail

Excomulgado por obsceno

MQ | Delictos, Erotismo | Martes, 22 Xullo 2008

Debe de ser a primeira vez que excomulgan a alguén por facer un calendario erótico. Iso foi o que lle aconteceu a Chad Hardy, o creador de “Men On A Mission”, que foi expulsado da Igrexa mormona. Via boinkology

Investigan a unha estrela porno-gay

MQ | Delictos, Mundo Gay | Venres, 18 Xullo 2008

Lembradesvos de Michael Verdugo, un actor porno-gay que participa nun concurso moi coñecido de EE.UU.?. Pois ben, varios xornais de Miami informan de que a policía deste estado está a investigar o seu pasado para comprobar se cometeu actos ilícitos durante o seu periodo como estrela do porno. Via fleshbot

Detidos rouba-pirolas no Congo

MQ | Delictos, Friquis, Novas curiosas | Xoves, 17 Xullo 2008

Se vas a Kinshasa, a capital do Congo, ten coidado cos rouba-pirolas, especialmente, nos taxis comunitarios. Acaban de ser detidos dous homes que utilizaban a maxia negra para os seus fins. O que non sabemos son os efectos. Via noticiasinteresantes

Striper pública presa en Chile

MQ | Delictos, Erotismo | Venres, 11 Xullo 2008

Xa falamos aquí d@s stripers dos metros. Pois ben, uma das máis conhecidas de Chile, Montserrat Morilles, de 26 anos, foi presa durante uma de suas rápidas performances ja que fazia striptease colada a balaústres do metrô de Santiago para desafiar o puritanismo da sociedade chilena.Via globo.com

Hai que ter coidado cos gustos animais

MQ | Delictos, Friquis | Venres, 11 Xullo 2008

Un cidadán australiano foi condenado por posuir no seu ordenador “cantidades inxentes” de información de animais “facendo cousas que non saen habitualmente na tele”, segundo a acusación, especialmente, cefalópodos. Via noticias.ozu.es

Fotos eróticas a cambio de teléfono

MQ | Delictos, Negocio | Xoves, 10 Xullo 2008

O Grupo de Estudo Permanente da Prostitución en Balears (GEPPIB) alerta de que, novamente, se detectaron varios casos de mozos que intercambian fotos súas en pouses eróticas por internet a cambio de recargas de saldo para o seu móbil. Via elpagafantasmas.es

A doble moral dos ianquis

MQ | Delictos, Sexo | Xoves, 10 Xullo 2008

É incríbel que nun país que di defender a liberdade sexa ilegal practicar o sexo oral en 18 estados. Tamén é ilegal practicar o sexo coa luz acesa en Virginia e en Willowdale (Oregon) é ilegal que os maridos digan parvadas durante o coito. En Wáshington DC a única posición legal é a do misioneiro. As demais son ilegais. E Wisconsin acaba de proíbir, agora, o sexo con cadáveres. En fin, e así unha longa lista. via achingao.com

Sexo a cambio de gasolina

MQ | Delictos, Novas curiosas, Sexo | Mércores, 09 Xullo 2008

As formas de pago son moi variadas e cambiantes, ata no mundo do sexo. A Policía de Kentucky (EE.UU.) detivo a unha muller acusada de prostitución por ter aceptado un cheque de gasolina por valor de 100 dólares. Via thesmokinggun