A web GaliciaGay ven de organizar a busca do famoso galego máis guapo do 2010. O concurso resolverase o 1 de Abril e podedes seguilo no facebook no seu evento publicado. Prestade especial atención a candidatos da talla de Tonecho, Quintana ou o Concelleiro de presidencia Alfonso Rueda. Vota xa!

Imaxinades se nacera muller?. Via noticiascuriosas

A nossa amiga Mari, de Queer Girls, pídenos que falemos do que está a acontecer no Brasil onde está em vias de aprovação o projeto de lei PLC 122/2006 que vota a criminalização da homofobia. “Somos um país contraditório. Por um lado temos essa imagem de liberais mas milhares de gays, lésbicas, travestis, transex são agredidos, discriminados e assassinados e não há punição específica para esses atos de violência.
A bancada religiosa do Congresso Nacional tem lutado contra o que eles chamam de “Lei da Mordaça Gay”. Eles pregam que com a criminalização da homofobia, a população LGBTTi terá direitos especiais. O que sabemos que é uma mentira. Eles querem é poder continuar a pregar que somos pecadores, anti-cristos, etc”… (máis…)

O PSOE do concello de Alguazas (Murcia) denunciou ao alcalde, á concelleira de Festas e á concelleira de Igualdade por permitir a realización dun acto de contido pornográfico dentro da actividade dun xantar moteiro celebrado durante as festas patronais. Via Media Press

Os marketing político estadonidense da para todo, mesmo para o mercado sexual. Acaban de aparecer no mercado uns novos condóns que apoian a Obama e a McCain . Di o condón de Obama que se use cun bo xuízo (e confirma que non é necesaria a experiencia), mentres que o de McCain confirma que é velliño. Via monkeyzen.com

O goberno francés, como anunciou a súa ministra de Sanidade, Roselyne Bachelot, repartirá 1.100.000 preservativos para evitar contaxios na tradicional fête de la musique, un evento na que os mozos galos beben e trincan durante toda a noite. Prevese que nas rúas das cidades francesas se concentren dez millóns de mozos e un millón de músicos. Via fluctuat.net

Os membros da Real Academia Española Salvador Gutiérrez e Gregorio Salvador calificaron de incorrecto o termo ‘miembra’, utilizado pola ministra de Igualdade, Bibiana Aído, durante unha comparecencia no Congreso. via terra

Lula foi o primeiro presidente brasileiro en participar nunha conferencia do movemento gay. Por iso, recibiu unha ensordecedora ovación cando pousou para as fotos coa bandeira coas cores do arco iris, tradicional símbolo do movemento homosexual. Via radiocristiandad
Mundo Quente anímavos a participar na súa Web. Remítenos as noticias eróticas, sexis ou quentes que che parezan relevantes. Tanto ten se están en galego, catalán, euskera, español, asturianu, aranés, leonés, portugués ou mandarín. O importante é que tod@s entendamos a mensaxe e, falando, do deus Eros toda língua é válida. Participa en MQ mandando un mail a info@mundoquente.com . Graciñas

O Partido Conservador de Inglaterra quere que só as parellas constituídas por un home e unha muller poidan recorrer á fecundación in vitro limitando ese beneficio ás parellas gays. Os conservadores ingleses cren que a desestruturación da familia é unha das principais causas de pobreza en Reino Unido. Por iso, cren que se se pon en marcha unha renovada campaña polos valores tradicionais, esta lei tamén podería axudar a regular, entre outras cousas, a clonación ou a manipulación de embrións. Via infobae