En Arxentina montouse unha boa logo do nu protagonizado por unha das participantes no programa ‘Bailando por un sueño‘, unha especie de ‘Fama’ cuio obxectivo é promocionar a carreira como bailarín dos gañadores. Via nsfw
O actor pornogay Michael Verdugo é un dos participantes do concurso HGTV´s ‘Desing Star”, que comezou esta semana. Pero o seu pasado non o está a axudar nada ante o xurado. Via gaypornblog
Quen pensades que está apoiada dese xeito na boca de rego???… Pois unha das grandes protagonistas de ‘Mulleres desesperadas‘; Eva Longoria. Via vanityspy
Está que se sae na nova serie de Telecinco “Sin Tetas no hay paraíso”. Interpreta a Jessi, unha ambiciosa moza na ficción que nada ten que ver coa realidade. Aquí a podemos ver na súa salsa e presumindo das súa orixe. Via youtube
Logo do éxito de ‘Sex in the city’ e ‘Mulleres de Manhattan’, Candande Bushnell volve ás andadas en ‘Tras a pasarela‘. A protagonista desta nova serie, Janey Wilcox, é unha modelo de lencería que non ve cumplidas as súas expectativas. Via nosotras.com
Non sabemos se ten que ver cos ciumes laborais, pero nos últimos días tanto Patricia Conde como Pilar Rubio, presentadora e reporteira, respectivamente, do programa da Sexta ‘Sé lo que Hicistéis’ andan competindo polas poses máis cachondas. Mentres que Rubio aparecia en FHM e en Siete, Conde facíao na revista Elle e espida para “>’Sé lo que hiciste’.
A serie “Secret Diary of a Call Girl“, baseada no blog e libro Belle du Jour, acaba de aterrar nos EE.UU. Pero a historia da secretaria que nos seus tempos libres adicase a quentar ao personal ten personaxes e secuencias diferentes no país das hamburguesas por iso de que alí a mentalidade é diferente á europea. Via sho.com
A verdade é que os xaponestes inventan de todo. Só unha destas mozas (aínda que todas gritan como posesas) está sometida ao ‘orgasmatrón’, unha máquina xiratoria que pasa escobillas estimulantes polas partes nobres femininas. O truco está en adiviñar quen delas sofre realmente o orgasmo. Via teimagino.com
Eduard Punset entrevista a Helena Cronin, especializada en darwinismo e evolución humana da London School of Economics. O programa trata sobre as diferentes habilidades e características dos dous sexos, adaptacións evolutivas que favoreceron o desenvolvemento da especie humana. O programa emitiuse o pasado domingo, día 8 de xuño, na 2 de TVE. O cindeiro luns estará colgado integramente en http://vimeo.com/redes.