Soutomaior pon en marcha o II Certame de Relatos Eróticos

MQ | Arte, Erotismo, Literatura | Mércores, 18 Agosto 2010

A Concellaría da Muller do Concello de Soutomaior, a través do Centro de Información á Muller (CIM), vén de convocar o II Concurso de Relatos Eróticos. Un concurso que ten por obxectivo promover a educación e a saúde afectivo sexual e favorecer a eliminación de tabús e estereotipos sexistas no eido do erotismo e a sexualidade. Os interesados en participar no certame deberán enviar ao CIM. persoalmente ou a través de correo certificado, un máximo de dous textos orixinais, inéditos e escritos en galego cunha extensión máxima de 600 palabras sen contar o título. É indispensable ser maior de idade, ser galego de nacemento, residir ou traballar en Galicia. O prazo para participar está aberto ata o 15 de outubro e o xurado valorará os relatos que recollan actitudes e valores igualitarios entre homes e mulleres e a ruptura de estereotipos sexistas. O gañador gozará dunha estancia para dúas persoas no Castelo de Soutomaior en réxime de media pensión.

Nova atopada vía Radiofusion.eu (máis…)

V Premio Erotismo Narrativas Quentes

MQ | Anuncios, Erotismo, Literatura | Luns, 29 Xuño 2009

Facemonos eco da convocatoria do concurso narrativas quentes convocada por Edicións Positivas, na súa quinta celebración.

Se vos interesa axitar un pouco a pluma, podedes consultar as bases: 

(máis…)

Nova editora lésbica

MQ | Literatura, Mundo Gay | Xoves, 14 Agosto 2008

“Somos um grupo de mulheres lésbicas que se reuniu para publicar livros para lésbicas. Não somos ricas nem famosas (ainda, hehehe…), estamos vindo de diferentes áreas profissionais e experiências de vida, mas queremos todas produzir livros que provoquem a imaginação, sejam divertidos e contribuam para que as lésbicas tenham uma vida mais feliz. E adoramos cenas quentes, daí o nome de nossa editora”. É a presentaçao das responsabeis da editora Malagueta do Brasil. Via queergirls

Orgamos garantidos

MQ | Enquisas e estudios, Erotismo, Literatura | Luns, 28 Xullo 2008

Nseyuke Bizimana, sexóloga africana, cóntanos os segredos dunha muller para acadar orgamos nun 100% de posibilidades e, ademais, en cinco minutos. via sexe.fluctuat

Chega ás librerías ‘Os milagres de Cristamar’

MQ | Erotismo, Literatura | Venres, 18 Xullo 2008

O próximo día 21 chega ás librerías galegas ‘Os milagres de Cristamar’, de Chelo Suárez, novela gañadora do IV Premio Literatura Erótica ‘Narrativas Quentes’. Dende Edicións Positivas aseguran que “a espectación creada ao redor desta novela fala de que estamos diante da NOVELA ERÓTICA DA CORUÑA, de Cristamar“.

“Sexo e Lugar”

MQ | Literatura, Sexo | Mércores, 25 Xuño 2008

“Sexo e lugar” é un conxunto de ensaios de Carmen Blanco sobre o poder, cultura, arte e literatura, a favor da vivencia libre do sexo e do lugar.

As británicas presumen de tetas

MQ | Erotismo, Famos@s, Literatura | Xoves, 19 Xuño 2008

A revista Nuts trae en portada a belezas británicas ensinando dianteiras. SonLucy Pinder, Sophie Howard, Peta Todd, Amy Diamond, Kitty Lea e Madison Welch. Via pajarracos

“Por un vocabulario galego do sexo”

MQ | Erotismo, Literatura | Sábado, 14 Xuño 2008

Para esta fin de semana recomendamos a terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer.

Concurso de relatos eróticos

MQ | Erotismo, Literatura | Venres, 13 Xuño 2008

Dende escritores.org volven convocar o concurso de relatos eróticos ’Karma sensual 4: Amores que matan’ (2008). A idea destes premios foi de Sonia Aldama no 2005, quen propuxo escribir acerca dos sete pecados capitais impulsada por un debate nesta web. Tes as bases aquí.

Os fetiches en comic

MQ | Erotismo, Literatura, Sexo, Tipoloxías | Mércores, 11 Xuño 2008

A revista “Tabú Ilustrated” é un excelente compendio de fetiches ilustrados. Publicado por Hustler, editado por “O: The power of submision” e dirixido por Ernest Greene, esta revista aborda fantasías/fetiches cunha vena artística. Via fleshbot