David Steinberg soubo captar coa súa cámara o que non son capaz de enfocar nin ensinar as películas porno; o sentemento e o pracer que se ocultan tras unha escena de sexo. En ‘This thing we call sex’ (Esto ao que podemos chamar sexo) presenta o seu traballo realizado con parellas anónimas. Via nsfw
Baixo o título de “Amor e solteir@s en Europa”, o portal Meetic realizou un estudo no que sinala que España, xunto con Italia, é un dos países nos que é máis fácil conseguir unha cita e, xunto a Gran Bretaña, nos que máis sinxelo é irse á cama logo de coñecerse. En canto ao número de relacións sexuais dentro dunha parella, os europeos pensan que Italia (32%), Francia (28%) e España (20%) son os países nos que a frecuencia do sexo é maior. Ademais, España destaca por ser un dos países máis “románticos” de Europa, sobre todo porque, segundo din, neste estado as relacións sentimentais duran máis e o amor é o eixo principal da existencia. Via adn
Dentro do mapa das zonas eróxenas femininas o pescozo xoga un papel primordial. Para excitala pódese comezar dando tenros bicos de arriba cara abaixo sobre un dos costados e ir explorando pouco a pouco. Via educasexo
Investigadores de Psicoloxía da USC desenvolven un modelo pioneiro en España para abordar con eficacia a mediación nas rupturas de parella. Para iso recompilaron casos de toda Galicia e Portugal para probar este modelo, co que se busca que as separacións sexan o menos traumáticas posible…. (máis…)
O próximo 11 de xullo estréase ‘Un noivo para Yasmina’, unha cooproducción entre España e Marrocos, que conta a historia de Yasmina (Sanaa Alaoui), unha moza marroquí que chega a España para terminar os seus estudos universitarios e comeza a saír cun policía municipal, Javi (José Antonio Lucía). E, aínda que están moi ben xuntos, cando ela lle propón casar, el comeza a desconfiar. A película aborda o choque de culturas e mestizaxe, así como os matrimonios de conveniencia e as complexidades das relacións amorosas. Via peliculas.info