Os brasileiros andan quentes, pero moitos son algo arriscados

MQ | Enquisas e estudios, Saúde, Sexo | Mércores, 16 Setembro 2009

Non comprendemos porque son tan infieis O sexo casual i esporádico duplicouse en Brasil nos últimos catro anos, pero menos da metade dos brasileiros utiliza o preservativo ao manter relacións sexuais esporádicas, segundo unha enquisa divulgada hoxe polo Ministerio de Saúde.

De acordo cos datos presentados este verán polo ministro de Saúde, José Gomes Temporao, só un 46,5% dos brasileiros consultados afirmou utilizar o preservativo nos seus encontros casuais en 2008, cifra por baixo do 51,6% rexistrado en 2004.

A enquisa, realizada a 8.000 persoas entre 15 e 64 anos, revelou, ademais, que no último ano un 27,9% dos entrevistados tivo, polo menos, un encontro sexual casual.

Así mesmo, un 8,8% dixo haber ter máis de cinco relaciones esporádicas fronte ao 4% de fai catro anos.

(máis…)