O amor sen fronteiras
O próximo 11 de xullo estréase ‘Un noivo para Yasmina’, unha cooproducción entre España e Marrocos, que conta a historia de Yasmina (Sanaa Alaoui), unha moza marroquí que chega a España para terminar os seus estudos universitarios e comeza a saír cun policía municipal, Javi (José Antonio Lucía). E, aínda que están moi ben xuntos, cando ela lle propón casar, el comeza a desconfiar. A película aborda o choque de culturas e mestizaxe, así como os matrimonios de conveniencia e as complexidades das relacións amorosas. Via peliculas.info










